A Subdelegación do Goberno investiga Javier Negre por posibles delitos de odio e de saúde pública

O xornalista malagueño pregunta a un manterio se ten permiso para estar alí | Imaxe captura Twitter
O xornalista malagueño pregunta a un manterio se ten permiso para estar alí | Imaxe captura Twitter

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra deu orde de abrir unha investigación en torno ao vídeo do xornalista Javier Negre en Panxón (Nigrán) difundido esta fin de semana en redes sociais para aclarar se se cometeu un posible delito contra a saúde pública ou un delito de odio.

A Subdelegación de Goberno considera que Negre puido cometer unha falta ou delito contra a saúde pública ao achegarse sen máscara a menos de metro e medio dun vendedor ambulante que vendía sombreiros no paseo marítimo de Panxón. Preténdese investigar tamén se o xeito de dirixirse ao vendedor pode ser constitutivo dun delito de odio.

Negre atópase en Galicia seguindo os actos de precampaña electoral do líder de Vox, Santigo Abascal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here