InicioVal MiñorNigránVIDEO | Javier Negre a un manteiro en Panxón "¿amigo tienes permiso...

VIDEO | Javier Negre a un manteiro en Panxón “¿amigo tienes permiso para estar aquí?”

PUBLICADO O

Pese a que en Galicia non está permitida a mobilidade entre persoas doutras comunidades autónomas ata o próximo día 21 de xuño que finaliza o Estado de Alarma, alcaldes e veciños de vilas costeiras levan tempo denunciando o contínuo goteo de residentes de segundas vivendas que “adiantaron” a súa temporada de veraneo en Galicia en pleno confinamento.

O pasado 11 de xuño o lider do partido de ultradereita VOX, Santiago Abascal, tamén viaxou a Galicia desde Madrid xunto á súa comitiva electoral para presentar a súa campaña para as eleccións autonómicas en Galicia pese a que nese momento Madríd atopábase en Fase 2.

A viaxe da comitiva electoral de VOX repetiuse este mesmo fin de semana na celebración doutro mitin de precampaña en Vigo, e nas memas restriccións de mobilidade impostas entre comunidades.

Casualmente este mitín de VOX traeu consigo a visita do xornalista malagueño afincado en Madrid Jorge Negre, férreo defensor dos postulados do partido de Abascal que acudiu ata a mesma praia de Panxón.

Un visita acompañada dunha comitiva de xente para tomar contacto directo co “sentir popular” de Nigrán. “Rodrigo te acaba de bañar, vamo a la playa” indicaba o ex-xornalista de El Mundo a un compañeiro en bañador.

Durante o seu paseo “aquí está el pueblo, que es una auténtica preciosidad” comenta Negre, sinalando a parroquia de Panxón e continuando a súa marcha para abordar ao único manterio que había no paseo marítimo. Sen mascarilla nin distancia de seguridade mediante, Negre pregunta “Amigo, ¿tienes permiso para estar aquí?”. “Tú sabes que hay un partido político que es VOX que quiere quitaros todo esto?” continúa. “¿Qué opinas de VOX? ¿No te gusta?” momento no que Negre pide á persoa que estaba grabando que se achege para tentar captar a resposta.

As respostas na rede non tardaron con reaccións enfrontadas que convertiron o vídeo en tendencia por unhas horas.

Un suposto conflito entre comerciantes de Nigrán e manterios que ninguén coñece

Na zona de Panxón, onde foi grabado o vídeo, non existe ningún establecementos de roupa que poideran verse perxudicados pola presenza deste home, xa que todos os establecementos son principalmente adicados á restauración. Nunca existiu, ata o momento, conflito entre comerciantes pola presencia de manteiros en todo o Val Miñor.

Descoñécense cales comerciantes de Nigrán poideron entón facer esa petición a Javier Negre.

O video, grabado por un ex-militante do PSOE que chamaba “FACHA” a Santiago Abascal

Quen graba o vídeo é Hugo Pereira, veciño de Nigrán. Este xoven estudante de ciencias políticas xustifica a grabación al NEGRO” porque hai “establecimientos de Nigrán que pagan sus impuestos” deixando en evidencia o argumento de Negre de trasladar a petición feita por supostos comerciantes da zona.

Hugo Pereira Chamorro colleu certa popularidade nas redes dende que se fai eco das soflamas ultranacionalistas lanzando por diantre a súa condición de ex-militante do PSOE e defensor de Pedro Sánchez. Nunha entrevista en el PLURAL de novembro de 2019, Pereira defendía ao propio PSOE deste xeito:

“Creo que el PSOE es el partido que mejor representa la moderación y es el que más se ajusta a mis ideales. Actualmente están creciendo los populismos, aquellos que ofrecen soluciones fáciles a grandes problemas pero que luego no son lo parecen. Hay que pensar y ser crítico con estos partidos que ofrecen soluciones tan fáciles. Para mí el PSOE es el partido que ofrece la moderación, se aleja del extremismo y se ajusta a la realidad proponiendo soluciones eficaces.”

Mesmo durante os debates políticos das últimas eleccións en España en 2019, Pereira non dubidaba en tachar a VOX de partido “ultraderecha” e ao seu lider Santiago Abascal de “FACHA”. Uns Twitts que só quedaron almacenados na cache da entrevista en EL PLURAL, xa que foron posteriormente eliminados polo seu autor.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...