InicioVal MiñorNigránNigrán desinfecta os accesos a residencias de maiores, supermercados, froiterías, panaderías, farmacias...

Nigrán desinfecta os accesos a residencias de maiores, supermercados, froiterías, panaderías, farmacias e centros de saúde

PUBLICADO O

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria de limpeza Cespa, emprendeu hoxe a desifección integral dos accesos ás cinco residencias de maiores do municipio e da súa contorna inmediata, traballo que se manterá mentres continúe a crise sanitaria. Deste xeito, o Concello de Nigrán asume por completo no seu territorio o labor que nas grandes cidades está a realizar a UME.

No municipio existen cinco residencias, Bellavista Care (Priegue), vivenda comunitaria A Fortaleza (Nigrán), Stella-Maris San Rosendo (Panxón), Bodía (Nigrán) e Residencia Monteferro.

“Non temos ao exército pero desde o Concello de Nigrán queremos e podemos garantir estes traballos de desinfección. Os maiores son o colectivo máis vulnerable ante o Covid-19, hai que protexelos ao máximo e, no caso das residencias, son lugares especialmente sensibles onde é preciso extremar todas as medidas preventivas para que o virus non penetre”, indica nun comunicado o alcalde, Juan González.

Desinfección interior de contenedores de lixo

Paralelamente, o Concello de Nigrán incrementou desde a semana pasada a desinfección dos contedores de lixo para que esta non se limite ao exterior e inclúa o interior e, tamén desde a semana pasada e a requerimento do Concello, a concesionaria desinfecta os accesos a supermercados, froiterías, panaderías, farmacias e centros de saúde.

Desde o inicio da crise do Covid-19 xa se aumentara a desinfección de todo o mobiliario urbano do municipio, con especial atención ás marquesinas e bancos onde as persoas agardan ao autobús e aos contedores.

“Todas as zonas consideradas sensibles, que son aquelas nas que se concentra xente, reciben unha desifencción periódica co fin de evitar calquera posible propagación do virus. Nunha situación como a que estamos a vivir todas estas medidas son especialmente importantes”, sinala Juan González.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...