InicioVal MiñorNigránNigrán organízase con 'Paciencia, Cariño e Calma' fronte ao coronavirus

Nigrán organízase con ‘Paciencia, Cariño e Calma’ fronte ao coronavirus

PUBLICADO O

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá o servizo especial de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19 atendendo ás 33 familias en situación de vulnerabilidade económica ou especialmente ailladas (acorde aos datos dos Servizos Sociais) despois de contactar telefónicamente con cada unha delas para atender as necesidades especiais destes intres. Durante a mañá, o equipo dirixido desde a alcaldía realizou entregas a domicilios (seguindo todos os protocolos sanitarios) con caixas de alimentos con productos básicos.

Paralelamente, o Concello habilitou onte a liña telefónica oficial 986383930 (operativa de 9:00 a 14:00 horas) co obxectivo de xestionar a compra e entrega a domicilio de menciñas e alimentos e incluso libros e publicacións da Biblioteca Municipal (986383979, de 10:00 a 12:00 horas) para persoas en especial situación de risco ante o Covid-19 ou en soidade ou sen medios. “Durante esta primeira xornada non se recibiron peticións seguramente porque é algo que iniciamos onte e porque xa nos contactamos directamente con 33 familias a través dos Servizos Sociais. Esta liña seguirá operativa durante todo o tempo que sexa preciso e a estamos a divulgar entre a poboación para que ninguén se sinta abandonado”, explica o alcalde, Juan González.

Precisamente, o Concello de Nigrán sumou a Protección Civil a este equipo ante o ofrecemento deste servizo público para colaborar. “Son profesionais que tamén dispoñen dos medios e coñecementos precisos e aos que sen dúbida recurriremos no intre en que sexa preciso”.

Cartelería específica

O Concello de Nigrán, ante a petición dos profesionais sanitarios do Val Miñor, realizou unha cartelería específica informando do protocolo sanitario que deben seguir os pacientes no municipio (incluíndo todos os teléfonos e os casos en que deben empregarse) e, ao mesmo tempo, elaborou outro cartel sobre o funcionamento municipal e os servizos especiais que se prestan, todo baixo o slogan ‘Paciencia, Cariño e Calma’. Ambos foron pegados esta mañá polo equipo de apoio nas tendas de alimentación, farmacias e centros de saúde. “Non toda a poboación emprega redes sociais ou internet, polo que consideramos convinte achegar esta información oficial aos puntos neurálxicos que existen agora mesmo: tendas de alimentación, supermercados, farmacios e centros médicos”.

“Paciencia, cariño e calma, é o que desexamos trasmitir á poboación nestes intres. Todo vai a ir ben”, insiste. Nesta liña de compromiso absoluto coa veciñanza, desde o goberno de Nigrán habilitouse unha partida orzamentaria de 10.000 € destinada a toda continxencia que poida xurdir relacionada coa pandemia.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...