InicioVal MiñorNigrán100 anos do primeiro champán galego

100 anos do primeiro champán galego

PUBLICADO O

A maioría dos lectores seguramente non saiban que o primeiro champan producido en Galicia, se embotellou na Ramallosa, nas primeiras décadas do século XX. A empresa Manuel Costas e Compañía foi a encargada de producir, embotellar e distribuír o Champan ‘Galicia’.

Anteriormente nunca se produciu este viño espumoso para a súa comercialización. Galicia era famosa polos seus viños novos, xa desde a época dos romanos. A principios do século pasado por iniciativa de Bautista López Valeiras, que levaba moitos anos á fronte da Vinicola Galega, asociado co viticultor da Ramallosa Manuel Costas en 1919 e ambos fundaron a Compañía Manuel Costas.

A Vinicola Galega era por aqueles anos a adega de viño máis grande de Vigo e distribuía varias marcas propias, entre elas: o Gran Viño Quinado ‘Celta’; Ponche ‘Celta’; viño branco ‘Topacio’; Veigas de Galicia ‘Peares’; Brandy ‘Perradiña‘, entre outros.

As oficinas estaban situadas en Vigo desde onde levaba a administración e a súa comercialización. Mentres que a adega e o embotellamento realizábase na Ramallosa, onde Costas tiña o seu chalé e unha extensa zona de vides. Tanto Valeiras como Costas decidiron que o champan levase o nome de Galicia, como forma distintiva de promoción. Non era fácil impor este produto no mercado galego, non existía antecedentes de produción anterior. Doutra banda era unha bebida soamente consumida nas clases altas e de forma moi puntual. O champan consumido por aqueles tempos era soamente o francés ou o cava catalán.

Publicidade do champan Galicia
Publicidade do Champán Galicia

A idea destes dous socios era realizar a distribución especialmente en restaurantes, hoteis e ultramarinos finos. Esta tarefa estaba en mans de Valeiras, que tiña unha longa experiencia e unha boa carteira de clientes, mentres que Costas era o encargado da produción, embotellamento e etiquetaxes do champan. A instalación da adega xerou varios empregos directos na Ramallosa, especialmente na tempada de recolección e embotellamento. A idea da empresa era converter aos pequenos produtores de vide da zona, en provedores da adega.

Co fin de promocionar o seu viño espumoso, realizaron varias campañas publicitarias e convidaron a importantes personalidades de Galicia a visitar as adegas en Nigrán.

Nas primeiras décadas daquel século, tanto a vila mariñeira e señorial de Baiona como a comarca do Val Miñor converteuse nun lugar de residencia da incipiente burguesía galega da provincia de Pontevedra. Empresarios, políticos e nobres e indianos habían construídos as súas mansións especialmente para ser utilizadas nos meses do verán.

Pero, a pesar do entusiasmo posto por Valeiras e Costas neste emprendimiento, en 1925 disolveron a compañía.

Un artigo de Lois Pérez Leira en historiadegalicia.gal

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...