InicioVal MiñorBaionaComezan as expropiacións para eliminar un punto negro da circulación entre Nigrán...

Comezan as expropiacións para eliminar un punto negro da circulación entre Nigrán e Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o inicio o inicio da expropiación de 10 terreos co fin de proceder á mellora dun tramo de concentración de accidentes da PO-552, situada entre os municipios pontevedreses de Nigrán e Baiona.

En concreto, a actuación centrarase en eliminar un punto negro entre a glorieta de conexión coa AG-57 e Sabarís e que se sitúa entre os puntos quilométricos 10+740 e 13+440, tal e como precisou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado. O investimento supera os 400.000 euros, dos que 18.000 corresponden ao pago das expropiacións.

O expediente de información pública e o proxecto construtivo referentes a esta actuación, enmarcada no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, foron publicados o mes pasado no DOG. Deste xeito, actuarase sobre as interseccións do tramo nas que se produce un maior número de accidentes.

Incorporaranse así unha semiglorieta na intersección. Tamén se crearán un carril central de espera e unha semiglorieta na intersección do punto quilométrico 11+500 co camiño Carballal, así como un carril de espera no cruzamento coas rúas Cruceiro e Sarmiento.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...