InicioVal MiñorNigránDetido un pervertido que ensinaba os xenitais a menores en Nigrán

Detido un pervertido que ensinaba os xenitais a menores en Nigrán

PUBLICADO O

Ata catro menores denunciaron a pasada semana as actividades dun pervertido que se adicaba a ensinarlles os seus xenitaris en distnatas praias de Nigrán. O individuo utilizaba unha motocicleta para fuxir rápidamente.

Tras as denuncias presentadas a principios deste mes, a Garda Civil de Baiona-Nigrán conseguiu localizar ao suposto autor dos feitos tras realizar un pequeno seguimento e descubrir ao individiu, que ten 31 anos, nas inmediacións da praia de Panxón.

Cando lle deron o alto, o home desobedeceu os sinais e deuse á fuga na súa motocicleta. Finalmente, a pasada semana os axentes conseguiron localizalo e detelo en Vigo. Agora está acusado dun delito contra a liberdade sexual por exhibicionismo ante menores e doutro contra a seguridade vial por condución neglixente e temeraria cando se deu á fuga.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...