InicioSucesosO TSXG rebaixa a pena de prisión a uns furtivos que colleron...

O TSXG rebaixa a pena de prisión a uns furtivos que colleron vieira tóxica “porque non a chegaron a vender”

Os feitos tiveron lugar en Rande.

PUBLICADO O

O Tribunal Supremo rebaixou a 3 meses e medio a pena de prisión imposta a catro persoas, que foron condenadas por extraer vieira tóxica nas proximidades da ponte de Rande, na ría de Vigo, ao considerar que non se consumou o delito contra a saúde pública porque non chegaron a comercializar o molusco.

Os feitos ocorreron en decembro de 2015, cando o servizo de Gardacostas interceptou a dous homes que, mediante unha embarcación, achegáronse ás proximidades da ponte de Rande e extraeron 115 quilos de vieira (que resultou ter unha toxina, acedo domoico); e as dúas mulleres, que os esperaban para descargar o produto no peirao de Domaio (Moaña).

O xulgado Penal de Pontevedra ditou sentenza (confirmada logo pola Audiencia) na que condenaba a cada un deles á pena de 1 ano e medio de cárcere, o pago de 1.440 euros de multa e inhabilitación para actividade de marisqueo durante 4 anos, por un delito contra a saúde pública.

Pero os condenados presentaron recurso, e agora o Tribunal Supremo corrixiu a resolución da Audiencia, condenado a esas catro persoas a 3 meses e 15 días de prisión, como autores dun delito contra a saúde pública en grao de tentativa.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...