InicioSucesosFalece un octoxenario nun accidente de tráfico en Mos

Falece un octoxenario nun accidente de tráfico en Mos

O home puido sufrir unha indisposición.

PUBLICADO O

Un octoxenario faleceu na mañá deste mércores na localidade pontevedresa de Mos, tras accidentarse co seu vehículo no Camiño da Maceira, na parroquia de San Miguel de Pereiras.

Foi un particular o que deu a voz de alarma ao 112-Galicia ás 10,30 horas desta mañá, tras localizar o coche detido e ladeado nunha cuneta, fóra da estrada.

Debido á posición na que se atopou o vehículo, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 indicou que podria ser necesario excarcerar á vítima, polo que acudiron operarios dos Bombeiros do Porriño. Finalmente, os servizos de emerxencias accederon á persoa abrindo unha das portas, e o persoal sanitario confirmou o seu falecemento no mesmo lugar do sinistro.

Ademais, participaron no operativo o GES de Mos e axentes da Garda Civil de Pontevedra. Fontes de emerxencias apuntan a que, dadas as circunstancias nas que se atopou o vehículo e o home, é posible que sufrise unha indisposición antes de saírse da estrada.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...