InicioSucesosRescatan a un mariscador que sufriu unha caída nunha zona de rocas...

Rescatan a un mariscador que sufriu unha caída nunha zona de rocas de Oia

PUBLICADO O

Un mariscador foi rescatado este xoves tras sufrir unha caída nunha zona de rocas en Oia, segundo informou o 112. No operativo participaron os Bombeiros do Baixo Miño e membros do GES da Guarda, que ademais contaron coa colaboración de varios mariñeiros locais.

Aínda que se mobilizou un helicóptero de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, o mariscador ferido, que se lesionou nun pé, puido ser evacuado por terra. O escarpado do terreo e a posible exposición ao mar convertían complicaban o rescate.

Unha vez rescatado, finalmente por terra, trasladárono en padiola ata a ambulancia, que esperaba nas proximidades para prestar asistencia sanitaria ao ferido. Para este operativo tamén foron informados axentes da Garda Civil de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...