InicioSucesosAparece morto o pescador desaparecido en Cabo Udra, en Bueu

Aparece morto o pescador desaparecido en Cabo Udra, en Bueu

Unha persoa da súa contorna atopouno nas proximidades de Punta Chenla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia localizaron este domingo o corpo sen vida do pescador desaparecido desde a noite do venres na zona de Cabo Udra, no concello de Bueu.

Segundo informou o 112 Galicia, durante a mañá deste domingo unha persoa da contorna do desaparecido atopouno sen vida nas proximidades de Punta Chenla.

A procura realizouse por terra, mar e aire, coa participación de medios de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

A alerta da desaparición foi recibida na tarde deste sábado por parte da Policía Local. Foi a parella da vítima a que comunicou ao corpo de seguridade a falta do home, que saíra de casa sobre as 21,00 horas do venres para pescar na Punta de Cabo Udra.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...