InicioSucesosRescatan a un home ferido despois de envorcar o kaiak co que...

Rescatan a un home ferido despois de envorcar o kaiak co que navegaba en Cangas

PUBLICADO O

Os servizos de emerxencia rescataron a un home que sufriu unha lesión nun ombreiro tras envorcar o kaiak co que navegaba na zona da Costa da Vela, en Cangas do Morrazo.

Segundo trasladou o 112 Galicia, foi o propio implicado o que deu a voz de alarma sobre as 15,30 horas deste sábado. Nesta chamada, o home sinalaba que a embarcación na que navegaba envorcara polo envite dunha onda e, debido ao golpe, había resultado ferido nun ombreiro. Ademais, indicaba aos operadores do 112 que se atopaba nunha zona escarpada.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-11) deu aviso aos servizos sanitarios, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, así como aos axentes da Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo de Protección Civil da localidade.

Así mesmo, o 112 explicou que os equipos de intervención propuxeron nun primeiro momento mobilizar ata o punto ao helicóptero de rescate, pero esta opción quedou descartada ao comprobar que o acceso ao ferido era posible con outros medios.

Por outra banda, o 112 Galicia destacou que a localización “de maneira inmediata” do ferido foi posible grazas á axuda técnica do sistema móbil avanzado de localización (AML).

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...