InicioSucesosAsistido un peregrino tras caer nunhas silveiras na Guarda

Asistido un peregrino tras caer nunhas silveiras na Guarda

Un peregrino de fala inglesa foi evacuado na mañá deste mércores a un centro sanitario para recibir asistencia despois de caerse a unha matogueira no municipio pontevedrés da Guarda.

PUBLICADO O

Un peregrino de fala inglesa foi evacuado na mañá deste mércores a un centro sanitario para recibir asistencia despois de caer nun mato no municipio pontevedrés da Guarda.

Segundo informou o 112 Galicia, pouco antes das 11,00 horas deste mércores. O ferido presentaba lesións de “escasa importancia”, indicaron as mesmas fontes de emerxencias, pero unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu ao lugar para prestar os primeiros coidados.

Foi o propio afectado quen chamou ao 112 Galicia e serviuse dun sistema de tradución simultánea para explicar “con claridade”, indican as mesmas fontes, o tipo de axuda que necesitaba.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, trasladou ao ferido, W.R.R., de 63 anos de idade, ao centro de Atención Primaria da Guarda.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...