InicioSucesosOs donos dunha discoteca de Baiona enfronta penas de prisión por ruídos

Os donos dunha discoteca de Baiona enfronta penas de prisión por ruídos

O xuízo celébrase na sala do Penal 3 de Vigo, e sentan no banco dos acusados os empresarios hostaleiro Ezequiel S.X., e o seu fillo, Ezequiel S.S. Así mesmo, está acusada a empresa dona da discoteca, para a que a Fiscalía pide unha multa de 360.000 euros e o peche definitivo do local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os donos da discoteca Vila Rosa de Baiona, que se enfrontan a penas de prisión e multa, polos ruídos que supostamente ocasionaba o local e os prexuízos causados a un matrimonio que vivía ao pé, mantiveron este mércores que o establecemento cumpría a normativa e que sempre atenderon a todos os requirimentos que tiveron por parte do Concello.

O xuízo celébrase na sala do Penal 3 de Vigo, e sentan no banco dos acusados os empresarios hostaleiro Ezequiel S.X., e o seu fillo, Ezequiel S.S. Así mesmo, está acusada a empresa dona da discoteca, para a que a Fiscalía pide unha multa de 360.000 euros e o peche definitivo do local.

Segundo sinalou na súa declaración Ezequiel S.S., recibiu un requirimento para facer unha serie de obras na discoteca, traballos que foron levados a cabo. Así mesmo, sinalou que os seus equipos de música contaban con limitadores acústicos, como ordena a normativa e que “os únicos” que se queixaban do ruído eran os denunciantes.

Este acusado subliñou tamén que a contaminación acústica non procedía do local, e lembrou que, nas inmediacións do mesmo, é habitual que haxa grandes concentracións de persoas e grupos “facendo botellón”, que serían os causantes deses ruídos excesivos.

O seu pai, que tamén prestou declaración como acusado, sinalou que as decisións relativas a Vila Rosa tomábanse por parte de “os avogados e os técnicos“, e que era o seu fillo o que coñecías as xestións, porque el, que tamén é dono de varios hoteis en Baiona, ía “moi pouco” pola discoteca.

Os acusados recoñeceron que, cando tiveron coñecemento das queixas e denuncias dos afectados, reuníronse cun deles nun restaurante e trataron de chegar a unha “solución”. “Pero non valeu para nada, nunca deron pé a arranxalo”, sinalou un dos procesados.

Por outra banda, o representante da sociedade propietaria de Vila Rosa, Alfredo R.M., sinalou que as actuacións levadas a cabo eran sempre con asesoría dun equipo xurídico, e deslizou que o matrimonio denunciante, en realidade, non tiña a súa vivenda enfronte á discoteca, como alegan, senón que ese inmoble era “un negocio” de aluguer de apartamentos turísticos.

“RUÍDO INFERNAL”

Mentres, o matrimonio que denunciou aos donos da discoteca tamén prestou declaración como testemuñas este mércores, e sinalou que, “xa desde o principio”, cando adquiriron o inmoble situado fronte á discoteca, tiveron problemas polo “ruído infernal” do local polas noites.

Segundo o seu testemuño, viviron nun ático dese edificio (o resto de apartamentos tíñanos alugados como vivendas) desde 2014 ata 2018, cando cambiaron o seu domicilio por non poder soportar as molestias.

De feito, sinalaron que, mentres ese foi o seu domicilio, trasladaban ás súas fillas pequenas a casa dos seus avós cando o local abría, para que puidesen descansar. “Era algo que non se pode describir, ata os vasos e cinceiros movíanse sós coa vibración”, aseguraron.

Este matrimonio sinalou que interpuxo varias queixas e denuncias, pero que a discoteca mantiña a súa actividade, e iso a pesar dos requirimentos por parte do Concello, unha circunstancia que atribúen ao feito de que a entón concelleira de Urbanismo, é filla e irmá dos acusados. “Acabamos denunciando tamén ante a Garda Civil, pola pasividade enorme do Concello”, afirmaron.

PRESIÓNS PARA RETIRAR AS DENUNCIAS

Os denunciantes encargaron informes a unha empresa privada, para que fixese medicións acústicas no seu domicilio e na contorna do local, e contratararon a un detective privado. “Mesmo os convidamos a pasar unha noite na nosa casa, para que comprobasen que non mentiamos, pero non quixeron”, aseveraron, á vez que explicaron que recibiron presións para retirar as denuncias.

Este matrimonio explicou que, debido á falta de descanso polos ruídos, sufriron diversos prexuízos na súa saúde e que seguen en tratamento. O marido explicou que foi despedido do seu traballo porque quedaba “durmido” no seu posto de recepcionista nun ximnasio.

O xuízo continuará nos próximos días, coa declaración de máis testemuñas, entre eles axentes de Policía Local que acudiron a facer medicións acústicas; peritos técnicos; o detective privado contratado polos denunciantes; e forenses, entre outras comparecencias.

A Fiscalía pide para cada un dos acusados 4 anos de cárcere por un delito contra o medio ambiente e un de lesións, así como multa de 84.000 euros, e que indemnicen ao matrimonio en 78.000 euros (máis os gastos médicos). Tamén reclama que a sociedade dona do local sexa condenada a pagar multa de 360.000 euros e o peche definitivo da discoteca.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...