InicioSucesosUn bus con 43 escolares implicado nun accidente nas Neves que deixa...

Un bus con 43 escolares implicado nun accidente nas Neves que deixa feridos leves e ao condutor atrapado

Entre outros medios, participan un helicóptero medicalizado, Garda Civil, GES e bombeiros Baixo Miño e persoal de mantemento de estradas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente múltiple produciuse na tarde deste venres na A-52 ao seu paso polo municipio pontevedrés das Neves, no que se viron implicados un bus con 43 escolares, un camión e unha furgoneta.

Segundo informa o 112 Galicia, os escolares están fóra do vehículo e reciben asistencia por algunhas feridas leves.

Pola súa banda, os equipos de rescate céntranse no condutor do autocar, que está consciente, pero atópase atrapado no interior. O tráfico está condicionado nos carrís central e dereito en sentido Benavente, á altura do quilómetro 281.

Entre outros medios, participan un helicóptero medicalizado, Garda Civil, GES e bombeiros Baixo Miño e persoal de mantemento de estradas.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...