InicioVigo e contornaRedondelaA aseguradora deberá indemnizar a vítima dun intento de homicidio cunha furgoneta

A aseguradora deberá indemnizar a vítima dun intento de homicidio cunha furgoneta

"É un feito integrado na circulación do vehículo", polo que "non reporta a exclusión da cobertura do seguro obrigatorio", argúe o tribunal.

PUBLICADO O

A Sala do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou sentenza na que ordena a unha compañía aseguradora indemnizar a vítima dun intento de homicidio, que foi atropelado polo seu cuñado en Redondela conducindo unha furgoneta que, precisamente, estaba asegurada nesta compañía.

Así, o alto tribunal galego estima o recurso de apelación interposto pola vítima contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que, tras un acordo de conformidade, condenou o acusado a penas que suman 3 anos de prisión polos delitos de homicidio en grao de tentativa e condución temeraria.

A resolución do tribunal provincial, aínda que estableceu que o acusado debía indemnizar o seu cuñado en algo máis de 25.000 euros, absolveu a compañía aseguradora do vehículo conducido polo procesado.

Os feitos remóntanse a xuño de 2019, cando o acusado acudiu nunha furgoneta que non era súa, acompañado da súa muller e un dos seus fillos, a casa do seu cuñado para recoller a outro fillo menor de idade. Ao saír de alí, con toda a súa familia dentro da furgoneta (aínda que sen sistemas de retención) comezou a conducir de forma temeraria e facendo trompos, pondo en risco á seguridade dos ocupantes do vehículo.

Cando o seu cuñado e outros familiares lle recrimaron esa actitude, iniciouse unha discusión. Seguidamente, cando a vítima e os seus acompañantes se dispuñan a entrar na súa casa, o acusado arrincou o vehículo e, a gran velocidade, tratou de embestir o irmán da súa muller. O home foi apartado por outro irmán e, aínda que a furgoneta non lle impactou de cheo, si lle golpeou unha perna causándolle lesións graves.

Nunha vista de conformidade, o procesado aceptou tres anos de cárcere coa atenuante de reparación do dano (xa compensara ao seu cuñado con 3.500 euros) e estableceuse unha indemnización. A Audiencia absolveu a aseguradora da furgoneta.

Agora, o TSXG resolveu que a compañía tamén ten que indemnizar á vítima, nos termos recollidos na sentenza de instancia, ao entender que a intención do acusado de acabar coa vida do seu cuñado conducindo unha furgoneta a gran velocidade e embistiéndolo “é un feito integrado na circulación do vehículo”, polo que “non reporta a exclusión da cobertura do seguro obrigatorio”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...