InicioSucesosElévanse a oito as persoas ingresadas polo accidente no Marisquiño e a...

Elévanse a oito as persoas ingresadas polo accidente no Marisquiño e a 428 os feridos

PUBLICADO O

O número de persoas hospitalizadas tralo accidente no Marisquiño elévase a oito, tras un novo ingreso rexistrado no Chuvi durante a pasada madrugada. Catro dos feridos están no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), tres no Hospital Povisa, e un no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Tamén aumentou o número de persoas que tiveron que ser atentidas, até un total de 428 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente e que foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais, informa a Consellería de Sanidade.

Por centros, 189 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 106 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 3 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

Así quedou a estrutura no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzou o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...