O accidente no Marisquiño en Twitter: 124 chíos por minuto

Así quedou a estrutura no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

O accidente no porto de Vigo que se saldou con máis de 300 feridos nun concerto do Marisquiño, converteuse esta pasada medianoite nun dos temas máis comentados e compartidos nas redes sociais en España. En Twitter, en apenas unha hora, publicáronse 7.452 chíos (124,2/minuto).

Estes máis de 7.000 tuits publicáronse entre a medianoite —cando saltou a alerta en Twitter— e a unha da madrugada. Porén, hai que subliñar que 6.861 chíos foron retuits, mentres que tan só 591 chíos foron orixinais (o 7,9 por cento). Isto quere dicir que só uns poucos informaron sobre o accidente, mentres que uns moitos redifundían esas informacións.

Deses 7.452 tuits (chíos orixinais máis retuits), 4.168 foron publicados cunha ligazón a vídeos, informacións de medios… O resto, 3.284 (44 por cento) non levaban anexo ningún enlace con información extra e ampliada.

Foi a partir das 00.30 horas cando se produciu un punto de inflexión, cun aumento considerable de chíos, como se pode observar neste gráfico.

Evolución da publicación de tuits sobre o accidente no Marisquiño na primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.
Evolución da publicación de tuits sobre o accidente no Marisquiño na primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.

A mensaxe máis retuiteada nesa primeira hora da catástrofe foi a publicada pola conta oficial do Marisquiño, con 1.270 retuits (foi a única mensaxe que ofreceu a organización en redes en 12 horas, até que publicou no mediodía un comunicado).

MENSAXES MÁIS RETUITEADAS NA PRIMEIRA HORA DO ACCIDENTE 

1 RT @omarisquino: O MARISQUIÑO INFORMA: Ante el accidente ocurrido en el recinto portuario, os informamos que hay un puesto de ayuda e información en la Plaza de la Estrella. Si alguien echa en falta a algún familiar o amigo puede dirigirse allí en busca de información. Gracias. https://t.co/mb9EhVQAe7 1270
2 RT @lavozdegalicia: La Policía Nacional confirma que no hay fallecidos en O Marisquiño https://t.co/I7DYkdzgd3 703
3 RT @JacoPerezM: 🛑 Se hunde parte del muelle del Puerto de Vigo durante la celebración de O Marisquiño 687
4 RT @CruzCafune: Gente del Marisquiño, desalojen la plaza para facilitar las tareas del equipo de rescate. Si pensabas venir no vengas, los conciertos están cancelados 269
5 RT @lavozdegalicia: ÚLTIMA HORA (0:25) | Cae un paseo de madera en O Marisquiño causando varios heridos 243
6 RT @tonochouza: Me dicen desde Vigo que ha habido un accidente en el Marisquiño. Se ha caído un paseo de madera. @lavozdegalicia @Farodevigo https://t.co/ZhzbcKMhnP 242
7 RT @Danipaquitof: Parece ser que se ha desplomado parte del paseo marítimo de Vigo en mitad de un concierto de O Marisquiño. Las imagenes pintan feas. Ojalá todos estéis bien. https://t.co/PzkzfwJdSp 204
8 RT @MiguelComesaa: #ULTIMAHORA Marisquiño. Esta es la plataforma que se ha desprendido en la zona del náutico en Vigo durante la celebración de O Marisquiño. Hay heridos. https://t.co/YWP2LNctdt 184
9 RT @skinnyflakk: Mucha fuerza para todos los heridos en el Marisquiño si no encontrais a alguien hay un puesto d ayuda en la Plaza de la Estrella sentimos muchisimo lo ocurrido… 163
10 RT @SOYMIGUELLAGO: Atención. Tengo varios mensajes pidiéndome que publique en mis redes que NO HAY FALLECIDOS en el accidente en O Marisquiño en Vigo. Confimado este extremo por la policía local. Stop bulos. 151
11 RT @TVGalicia: ÚLTIMA HORA | Afunde parte dun peirao no porto de Vigo durante a celebración do Marisquiño. Hai varios feridos 145
12 RT @Lausidiaz: ACCIDENTE EN EL CONCIERTO DE RELS B EN EL MARISQUIÑO 🆘🆘🆘 https://t.co/C2VZvOoKxe 143

 

A usuaria máis activa durante eses primeiros momentos foi @Solobetipaz, con 38 chíos nunha hora.

Usuarios máis activos en Twitter sobre o accidente no Marisquiño, durante a primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.
Usuarios máis activos en Twitter sobre o accidente no Marisquiño, durante a primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here