Unha muller e un neno necesitaron asistencia sanitaria na tarde deste mércores despois de que o coche no que circulaban acabase fóra da vía e chocase contra un poste en Cangas.
En concreto, segundo informa o 112 Galicia, o accidente ocorreu no lugar do Outeiro, na parroquia de Coiro, ao fío das 14,00 da tarde.
Sobre esa hora, os xestores da central de emerxencias tiveron coñecemento do suceso e pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros do Morrazo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil.