A Policía descarta que haxa mortos no concerto do Marisquiño

Accidente nun concerto do Marisquiño / tuiter

A Policía Nacional informou de que non hai falecidos no accidente do concerto do Marisquiño, que tivo lugar a última hora da noite deste domingo cando cedeu parte do peirao do porto de Vigo.

Nos primeiros momentos houbo moita confusión. Testemuñas do accidente non descartaban que puidera haber falecidos, pero fontes oficiais descartaron esta posibilidade. Polo momento hai feridos de diversa consideración, algúns deles, graves.

A organizacion do festival mesmo instalou un posto de axuda sanitaria e de información na Praza da Estrela. “Se alguén bota en falla a algún familiar ou amigo pode dirixirse alí en busca de información”, suliñaba a través da sua conta de Tuiter.

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here