Un accidente de tráfico deixa 800 veciños sen luz durante horas en Candeán

Un coche chocou contra un farol que caeu sobre a liña de media tensión.

Luz/ Flickr

Un accidente de tráfico deixou algo máis de 800 veciños da parroquia viguesa de Candeán sen luz durante cinco horas, na madrugada deste domingo.

Segundo informaron desde Naturgy a Europa Press, ao redor das 4,30 horas da madrugada un coche chocou contra un farol que caeu sobre a liña de media tensión. Ademais das reparacións pertinentes, houbo que repor o cableado.

A subministración quedou reestablecido por completo preto das 9,30 horas desta mañá.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here