InicioSucesosFinaliza a investigación do accidente de Salceda no que morreran unha nai...

Finaliza a investigación do accidente de Salceda no que morreran unha nai e os dous fillos

O sinistro ocorreu pouco antes das 22,00 horas do 19 de marzo de 2021, cando a vítima circulaba pola estrada PO-510 á altura do municipio de Salceda de Caselas nun turismo no que tamén viaxaban os seus fillos, de 6 e 13 anos de idade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 1 do Porriño deu por finalizada a investigación sobre o accidente ocorrido en Salceda de Caselas o 19 de marzo de 2021, no que morreron unha nai e os seus dous fillos menores de idade, e ordena seguir o procedemento polo trámite de Procedemento Abreviado contra Alfredo L.R., investigado como suposto autor de tres homicidios imprudentes e un delito de condución baixo os efectos do alcol.

Co auto emitido pola xuíza o pasado 1 de febreiro ponse fin á instrución deste caso, sen prexuízo de que as partes poidan solicitar, de forma excepcional, algunha dilixencia a maiores. En todo caso, a maxistrada insta á Fiscalía e á acusación particular a que presenten os seus escritos de acusación, ou ben interesen o sobresemento das actuacións.

Na resolución, a xuíza pon de manifesto que, analizada a documentación e practicadas as dilixencias (estudo dos ateigados, informes técnicos da Garda Civil, informes de alcoholemia, das autopsias e outros documentos), despréndese a existencia de “indicios de criminalidade” neste accidente.

HOMICIDIOS IMPRUDENTES E CONDUCIÓN BAIXO EFECTOS DO ALCOL

O sinistro ocorreu pouco antes das 22,00 horas do 19 de marzo de 2021, cando a vítima circulaba pola estrada PO-510 á altura do municipio de Salceda de Caselas nun turismo no que tamén viaxaban os seus fillos, de 6 e 13 anos de idade.

O investigado circulaba, á súa vez, pola mesma estrada en dirección contraria, a unha velocidade de 128 km/h, cando a máxima permitida na vía é de 90 km/h. Ademais, facíao baixo a influencia das bebidas alcohólicas, como así o demostraron as probas practicadas, que reflectiron que a súa taxa de alcoholemia quintuplicaba a máxima permitida.

Nun momento dado, este condutor invadiu o carril contrario e chocou frontalmente contra o coche no que viabajan as vítimas, que faleceron no lugar do sinistro.

A xuíza instrutora considera que estes feitos poden ser constitutivos de tres delitos de homicidio por imprudencia grave, e un delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...