InicioSucesosCatro persoas feridas en Cangas tras saírse o seu coche da estrada...

Catro persoas feridas en Cangas tras saírse o seu coche da estrada e chocar con dous estacionados

Ocorreu na Avenida de Ourense, á altura do número 72.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridas na madrugada deste domingo ao saírse da vía o vehículo no que circulaban e chocar contra outros dous estacionados en Cangas.

Segundo informa o 112, o suceso tivo lugar na Avenida de Ourense, concretamente á altura do número 72, pasadas as 05,15 horas. A esa hora o servizo recibiu a chamada dos axentes da Garda Civil de Tráfico que informaban o sinistro e, na mesma comunicación, xa confirmaba a mobilización dos profesionais sanitarios para atender aos feridos. Así mesmo, solicitaban a colaboración de Protección Civil da localidade para recuperar as condicións de seguridade da vía.

Informouse do ocorrido aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas que, finalizados os traballos na vía, confirmaron a evacuación de catro persoas por parte dos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...