Feridas tres persoas tras accidentarse un autobús en Vigo

Teñen 36, 51 e 57 anos.

A Garda Civil atende a unautobús en Vigo / GARDA CIVIL

Tres persoas resultaron feridas e foron trasladadas a un centro hospitalario despois de que o autobús no que viaxaban saira da vía na confluencia da Praza de Berbés coa rúa Torrecedeira, na cidade de Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente produciuse uns minutos antes das 6,00 horas e o servizo de emerxencias recibiu a alerta do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tras iso, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital avanzado e dous de soporte vital básico para atender a tres pacientes, que foron levados a Povisa. En concreto, tratouse de tres homes de 36 anos, S.F.C.; de 51, P.L.P., e de 57, I.S.D., confirmaron fontes sanitarias.