InicioSucesosFerido un octoxenario ao incendiarse unha habitación da vivenda en Salceda

Ferido un octoxenario ao incendiarse unha habitación da vivenda en Salceda

Sufriu queimaduras nas mans e na cara.

PUBLICADO O

Un home duns 82 anos de idade sufriu queimaduras este luns tras incendiarse unha habitación da vivenda na que se atopaba en Salceda de Caselas.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon no lugar da Paxariña, pasados uns minutos das 12,30 horas deste luns. Foi unha persoa particular quen contactou co servizo de emerxencias para alertar do incendio.

O alertante avisou de que había un home no interior da habitación que ardía e, posteriormente, volveu comunicarse co 112 Galicia para informar de que o lume estaba apagado.

Os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil e de Protección Civil de Salceda de Caselas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas, á súa chegada, o lume xa estaba extinguido e o home ferido no incendio era atendido polo persoal médico de queimaduras nas mans e na cara.

En concreto, ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado que trasladou ao ferido, C.D.R., de 82 anos de idade, ao hospital vigués de Povisa, confirmaron fontes sanitarias.

Sobre as circunstancias deste lume, os axentes da Garda Civil indicaron ao 112 Galicia que o incendio puido orixinarse nunha manta eléctrica.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...