Un home de avanzada idade resultou ferido este luns tras saírse da vía o coche que conducía e chocar contra un poste de iluminación en Ponteareas.
Segundo informaron o 112 Galicia, o accidente ocorreu pouco antes das 10,00 horas, cando este condutor circulaba pola N-120 na parroquia de Xinzo, á altura do cruzamento da Igrexa.
Un particular alertou do sinistro a Emerxencias que puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.
O condutor foi evacuado a un centro sanitario, mentres que se deu aviso ao persoal da empresa que fornece electricidade na zona, xa que o impacto do coche rompeu o poste e o cableado quedara esparexido pola estrada.