InicioSucesosDetido en Vigo por ameazar á súa parella en presenza do seu...

Detido en Vigo por ameazar á súa parella en presenza do seu fillo menor de idade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, D.S.V., de 44 anos, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras ameazar á súa parella e tirarlle as súas cousas pola vivenda durante unha discusión, en presenza do fillo de ambos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste mércores, cando o 092 recibiu un aviso de que se estaba producindo unha forte discusión de parella nun domicilio da rúa Pi e Margall.

Unha dotación desprazouse ao lugar e atopouse cun home no portal de acceso ao edificio. O home recoñeceu que tivera unha rifa coa súa parella. Os axentes entrevistáronse entón coa muller, que se atopaba en estado de nerviosismo e ansiedade, e que relatou que o home comezou unha disputa con ela por motivos irrelevantes, e que esta comezou a subir de ton.

Segundo o seu testemuño, o home empezou a tirar as súas pertenzas por todo o piso e, cando ela lle dixo que ía chamar á Policía, o sospeitoso dirixiuse a ela facendo o xesto de que lle ía a cortar o pescozo. Todo isto ocorreu en presenza do fillo menor de ambos, de 11 anos de idade. Por estes feitos, a Policía procedeu á detención do home, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...