InicioAtopan o corpo sen vida dunha muller en Bueu

Atopan o corpo sen vida dunha muller en Bueu

Foi avistado por un particular na mañá deste martes.

PUBLICADO O

O corpo dunha muller de idade avanzada foi localizado flotando na auga na mañá deste martes xunto a unha praia no municipio de Bueu. Segundo informou o 112 Galicia, un particular avistou o corpo que flotaba na auga, que foi rescatado por efectivos dos Bombeiros do Morrazo.

O achado tivo lugar sobre as 12,10 horas deste martes. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar de que vía un corpo tirado nas rocas, no lugar do Cabo Udra, en Beluso, na praia de Ancoradouro. Por iso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos axentes da Policía Local, da Garda Civil e dos Bombeiros. Ademais, foi informado persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Tras chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que o corpo estaba a flotar na auga, entre as rocas, e indicaron que procedían ao seu auxilio. Despois de ser rescatado, confirmaron que se trataba do cadáver dunha señora de avanzada idade, polo que, as forzas da orde investigan os feitos para esclarecer o sucedido.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...