InicioIntervida unha macroplantación de marihuana na Cañiza

Intervida unha macroplantación de marihuana na Cañiza

A Garda Civil incautou case 200 plantas de ata un metro de altura.

PUBLICADO O

Axentes da Garda Civil de Tui investigaron penalmente a un veciño da Cañiza como presunto autor dun delito contra a saúde pública como responsable dunha plantación ‘indoor’ de marihuana, con case 200 plantas intervidas, localizada nunha vivenda nunha parroquia do segundo municipio.

Segundo informou o Instituto Armado, o dono do inmoble onde se atopou a plantación, de 37 anos de idade, con antecedentes por feitos similares, foi investigado penalmente como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo e elaboración de drogas.

As investigacións iniciáronse a principios do mes de outubro pasado cando tiveron sospeitas na Benemérita dunha posible plantación de marihuana no interior dunha vivenda situada nunha parroquia do municipio da Cañiza. “As sospeitas confirmáronse ao observar que dous tubos, a modo de extractor de gases, de considerable dimensións, asomaban ao exterior do semisótano da vivenda”, detallan as mesmas fontes.

Ao proceder á identificación do propietario, este recoñeceu que tiña unha plantación ‘indoor’ no interior da planta baixa da casa, habilitada con tres armarios adaptados para o cultivo de interior. Segundo comprobaron os axentes, os armarios estaban dotados “de todos os elementos eléctricos necesarios para o desenvolvemento das plantas, cos seus correspondentes circuítos de ventilación, con lámpadas de calor, ventiladores e aparellos para a rega”.

En total procedeuse ao arranque e incautación de 195 plantas de marihuana, de tamaño medio (entre 50 e 100 centímetros) que foron trasladadas ao Posto da Garda Civil de Tui. O resto do material e demais efectos intervidos quedaron depositados no inmoble a disposición da autoridade xudicial. Na operación participaron efectivos do Equipo de Investigación e do Posto Fiscal da Compañía da Garda Civil de Tui.

PLAN CONTRA O TRÁFICO ILEGAL DE MARIHUANA

Con esta actuación, enmarcada dentro das actuacións previstas pola Garda Civil no marco da denominada ‘Operación Miller’, que se desenvolve por terceiro ano consecutivo contra instalacións ou plantacións de cultivo de cannabis en todo o territorio nacional, a Garda Civil destaca que “evitou que as doses que se puidesen obter da marihuana intervida se destinaran ao tráfico de drogas” por menudeo.

As dilixencias instruídas, xunto cos efectos intervidos e as plantas incautadas, foron postas a disposición do xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido pola autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...