InicioVigo e contornaRedondelaDetido o suposto autor dun atraco a punta de pistola nun estanco...

Detido o suposto autor dun atraco a punta de pistola nun estanco de Redondela

Os feitos ocorreron o pasado 14 de outubro.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron ao suposto autor dun atraco a punta de pistola perpetrado o pasado 14 de outubro nun estanco do concello redondelano.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a media tarde do pasado 14 de outubro cando o sospeitoso entrou nun estanco do centro de Redondela e, armado cunha pistola de pequeno tamaño, intimidou a unha traballadora.

A empregada entregoulle o diñeiro que había na caixa, uns 400 euros, e o atracador abandonou o lugar correndo. Nese momento, a muller saíu á rúa e comezou a gritar pedindo auxilio.

Varias dotacións policiais dirixíronse ao lugar e, tras entrevistarse coa empregada e tomar nota da descrición física do atracador, despregouse un dispositivo de procura.

Finalmente, a Policía identificou, localizou e detivo o sospeitoso, un home de nacionalidade española con antecedentes, ao que puxo a disposición do xulgado de instrución de Redondela. O xulgado decretou o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...