Falece un home con Covid-19 no Chuvi

Sanidade notificou no día de hoxe, en toda a comunidade, catro falecementos.

Un home sométese a un test de antíxenos. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo

A Consellería de Sanidade notificou a morte de catro persoas en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas elévase a 2.608 desde o inicio da pandemia.

Tres destes óbitos producíronse o pasado 10 de setembro. Trátase de tres homes con patoloxías previas de: 87 anos (falecido no CHUS de Santiago), 90 anos (no HULA de Lugo) e 94 anos (no Chuvi de Vigo).

Pola súa banda, o 11 de setembro produciuse tamén a defunción dun home de 76 anos no HULA de Lugo. Igualmente, contaba con patoloxías previas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here