InicioSucesosFalece un motociclista tomando unha curva na Avenida de Castrelos

Falece un motociclista tomando unha curva na Avenida de Castrelos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo lamenta unha nova morte na estrada, tras falecer un motociclista ao tomar unha curva a unha velocidade “excesiva”, segundo as testemuñas do feito, polo que o impacto producido foi mortal.

Sobre as 00:15 horas da madrugada deste xoves, un accidente de tráfico provocou o falecemento dunha persoa. Os feitos tiveron lugar na Avenida de Arquitecto Antonio Palacios en sentido Avenida de Castrelos, nun tramo curvo de radio amplo.

Unha motocicleta impactou contra a marxe dereita da barreira ríxida de formigón coa que limita a calzada. O condutor da motocicleta xacía en posición decúbito supino na calzada e o persoal da unidade medicalizada realizaba manobras de RCP á vítima, quen certificaron pouco despois (sobre as 00:35 horas), o seu falecemento.

As testemuñas presenciais (condutor dun turismo e o seu acompañante), que circulaban por esa Avenida detrás da motocicleta a unha distancia duns cen metros, manifestaron que a motocicleta circulaba a unha velocidade que estiman excesiva e entrando na curva viron como de xeito progresivo se aproximaba á barreira de formigón coa que limita a calzada, ata que impactou contra ela lateralmente, para acto seguido saír proxectado o condutor contra o panel acústico situado por detrás da barreira, quedando o corpo atrapado entre a barreira e o panel.

A motocicleta, da marca Suzuki modelo GSF 650, tras remontar parcialmente a barreira volveu de novo á calzada sen control, desprazándose primeiro rodando e logo arrastrándose sobre o firme, quedando situada a uns setenta metros de distancia do corpo do motorista, en contacto coa mediana fixa de formigón que separa calzadas e sentidos de circulación.

A persoa falecida trátase dun varón que responde ás iniciais F.S.A, de 51 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...