InicioSucesosFeridas unha muller e unha nena nun accidente múltiple en Mos

Feridas unha muller e unha nena nun accidente múltiple en Mos

Ademais, un motorista resultou ferido en Vigo tras impactar cun autobús.

PUBLICADO O

Unha muller e unha menor resultaron feridas nunha colisión múltiple no concello de Mos, na que se viron implicados catro vehículos. Tal e como informou o 112 Galicia, tivo coñecemento do suceso a través da chamada dun particular ao fío das 11,45 horas deste domingo. No seu relato, informaba dunha colisión entre diversos vehículos na A-55, ao seu paso pola parroquia de Sanguiñeda, dirección Tui.

Así, desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras prestar os primeiros coidados aos involucrados, confirmaron o traslado da nena ao Hospital Álvaro Cunqueiro. De acordo coa información facilitada ao 112 polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, outra das persoas afectadas polo impacto en cadea, unha familiar da menor, tamén resultou ferida.

Ademais dos sanitarios, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como dos membros de Emerxencias de Mos e do servizo de mantemento das estradas.

FERIDO UN MOTORISTA EN VIGO

Por outra banda, unha colisión entre un autobús e unha moto en Vigo saldouse cun ferido, o motorista, que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.  O accidente, que tivo lugar na rúa Coruña, foi notificado ao 112 Galicia ao redor das 12,15 horas, cando un alertante particular informou do sucedido ao servizo e especificou que ningún dos pasaxeiros do autobús estaba ferido.

Ata o lugar acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local. Igualmente, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Vigo e aos membros de Protección Civil, por se fose necesaria a súa colaboración.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...