InicioSucesosEvacúan unha persoa en Cangas logo dun atropelo

Evacúan unha persoa en Cangas logo dun atropelo

Segundo informou o 112 Galicia dúas persoas resultaron feridas ao sufrir un atropelo na rúa Nora, en Cangas do Morrazo, aínda que o 061 trasladou a unha.

PUBLICADO O

Unha persoa foi evacuada a un centro hospitalario este martes tras resultar ferida nun atropelo rexistrado no termo municipal de Cangas do Morrazo.

Segundo informou o 112 Galicia dúas persoas resultaron feridas ao sufrir un atropelo na rúa Nora, en Cangas do Morrazo, aínda que o 061 trasladou a unha.

Uns minutos antes das 12,30 horas deste martes varias testemuñas do accidente chamaron ao 112 Galicia para alertar do sinistro e solicitar asistencia para as persoas atropeladas.

Por iso, por parte do CIAE-112 informouse os servizos sanitarios, á Policía Local, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil da localidade.

Ao lugar do atropelo o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria de Cangas que levaron a unha persoa ferida ao Hospital Fátima de Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...