InicioVal MiñorGondomarInvestigado un motorista fuxido dun control en Nigrán

Investigado un motorista fuxido dun control en Nigrán

Foi localizado días despois cando conducía sen casco.

PUBLICADO O

A Garda Civil investiga o condutor dunha motocicleta por dous delitos contra a seguridade viaria que, despois de darse á fuga nun control en Nigrán, foi localizado días despois cando conducía a motocicleta sen casco de protección. Ademais, carece de carné pola perda total de puntos no seu permiso.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado día 14 no quilómetro 10,800 da estrada PO-552, na localidade de Nigrán, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño que realizaba un control de alcol e drogas deu o alto a unha motocicleta cuxo condutor se fuxiu.

Por iso, fíxose cargo da investigación para localizalo o Equipo GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra. Así, o motorista foi detectado a mañá do día 21 cando circulaba na motocicleta e sen casco de protección pola estrada EP-2203 na localidade de Baredo, Baiona, destacaron as mesmas fontes.

Ao condutor, un veciño de Gondomar de 42 anos figúralle unha perda total de puntos asignados, polo que se lle investiga por dous delitos contra a seguridade viaria.

A Benemérita resalta que, de ser considerado culpable pola autoridade xudicial, pode ser condenado a penas de prisión de tres a seis meses, multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, por cada un deles. As dilixencias instruídas foron remitidas ao xulgado de garda de Vigo.

Así mesmo foi denunciado administrativamente por conducir a motocicleta sen casco de protección –infracción grave sancionada con 200 euros–, destaca o Instituto Armado, e perda de tres puntos no permiso de condución, por ter caducada a ITV da mesma –sancionado con 200 euros– e polo pneumático dianteiro sen reunir as condicións adecuadas –con multa de 200 euros–.

“Cando non sexa posible a actuación inmediata en condutas delituosas en materia de seguridade viaria, non se dan por finalizadas as xestións ata poder proceder á investigación dos autores”, subliña a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...