InicioSucesosContinúa a procura do pescador portugués que caeu ao río Miño

Continúa a procura do pescador portugués que caeu ao río Miño

PUBLICADO O

- Advertisement -

As forzas e corpos de seguridade voltaron a primeira hora da mañá deste martes a traballar na procura dun pescador portugués que o pasado sábado caeu ao Río Miño no termo municipal de Melgaço, fronte á localidade pontevedresa de Arbo.

Ademais, despregaranse os drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que rastrexarán a mesma zona. Xa pola tarde, navegarán río arriba embarcacións neumáticas do ‘Cabo Fradera’ e dos bombeiros do Baixo Miño. Durante todo o día tamén haberá patrullas terrestres da Garda Civil peiteando as beiras.

Pola súa banda, a procura subacuática desactivouse despois de rastrexar aproximadamente 1,5 quilómetros da canle –de beira a beira–, por unha zona “bastante complicada” polo desnivel que presenta o fondo.

Estas mesmas fontes confirmaron que de momento non se atoparon indicios nin pistas sobre o home, cuxo tractor –que usa para achegarse a pescar– apareceu nas proximidades do río. A principal hipótese é que o home estaba a colocar unha ‘pesqueira’ –arte de pesca– cando puido caer á auga.

DESAPARICIÓN

A familia do home denunciou a súa desaparición a mesma noite do sábado, despois de que saíse a pescar e non regresase. Desde primeira hora do domingo a Axega, a través do CIAE 112 Galicia, activou o protocolo de colaboración transfronteiriza en caso de emerxencia para tratar de localizar a esta persona.

O home, de 67 anos de idade, permanece desparecido desde as 23:00 horas do pasado sábado, cando se atopaba pescando na localidade portuguesa, limítrofe con Galicia, de Albaredo.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...