InicioSucesosArde unha parte dunha casa en Nigrán

Arde unha parte dunha casa en Nigrán

Os medios desprazados ata o punto confirmaron ao 112 que arderon aparellos eléctricos e mobiliario da vivenda, sen ter que lamentar danos persoais.

PUBLICADO O

Un incendio rexistrado en Nigrán despois das 10,00 horas, afectou ao interior dun domicilio, en concreto un dos cuartos da casa.

Os xestores do 112 Galicia tiveron constancia do feito mediante a chamada do 061. Nela, unha persoa informaba de que ardía parte da súa vivenda pero descoñecía onde se orixinou o lume.

O CIAE-112 deu aviso aos Bombeiros do Porriño e de Vigo, aos membros do GES do Val Miñor, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil do concello.

Os medios desprazados ata o punto confirmaron ao 112 que arderon aparellos eléctricos e mobiliario da vivenda, sen ter que lamentar danos persoais.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...