InicioSucesosO Porriño enterrará o corpo atopado nun pozo tras non ser identificado...

O Porriño enterrará o corpo atopado nun pozo tras non ser identificado nin reclamado por ninguén

O informe forense determinou que morreu dun golpe na cabeza.

PUBLICADO O

Os restos mortais da persoa que se atopou no interior dun pozo no
Cerquido
, no Porriño, serán inhumados este xoves 29 no Cemiterio Municipal desta localidade.

Segundo informa o concello nun comunicado, o consistorio ten facerse cargo da inhumación xa que o cadáver non foi identificado nin reclamado, desde que se atopou o pasado 21 de febreiro.

Como consecuencia, o Xulgado de Instrución número 3 de Porriño solicitou
ao Concello que se fixera cargo do levantamento e recollida dos restos
mortais
, actualmente depositados no Tanatorio Vigo Memorial, para a súa
inhumación nun nicho de titularidade municipal no Cemiterio. Estes
trámites levaranse a cabo coa presenza da Garda Civil.

O equipo de investigación aínda non puido dar coa identidade desta persoa tras analizar as probas. O informe forense determinou que morrera dun golpe na cabeza.

ÚLTIMAS

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández...

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...