Catro mozos enfróntanse a multas de 600 euros por un grafiti no centro do Porriño

Son dous veciños de Vigo e un de Nigrán de entre 20 e 24 anos.

A Garda Civil intercepta catro mozos no Porriño cando realizaban un grafiti / Garda Civil.

A Garda Civil denunciou a catro novos, dous veciños de Vigo e un de Nigrán de entre 20 e 24 anos, que foron interceptados o pasado venres mentres realizaban un grafiti no centro do Porriño.

En concreto, segundo explica o Instituto Armado. enfróntanse a unha sanción económica de 600 euros, ademais do pago da restauración do muro afectado, como supostos autores dunha infracción á Lei de Seguridade Cidadá por deslucimento de bens inmobles.

Os mozos foron sorprendidos ‘in fraganti’ o pasado venres por unha patrulla da Garda Civil do Porriño cando realizaban esta pintada “de considerables dimensións” nunha parede situada baixo a autovía A-55.

Unha vez identificados, os axentes interviñéronlles os 39 esprais que tiñan, ademais dos útiles que utilizaban, e foron denunciados por “danos ou o deslucimento de bens mobles ou inmobles de uso ou servizo público”.