InicioSucesosEvacuado un ferido na Cañiza logo da colisión de tres vehículos

Evacuado un ferido na Cañiza logo da colisión de tres vehículos

O suceso aconteceu a alturas de Petán da Cañiza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa foi evacuada polos servizos de emerxencia no concello pontevedrés da Cañiza tras unha colisión entre tres vehículos ocorrida na N-120. Segundo detallou o 112 Galicia, axentes da Garda Civil de Tráfico detallaron sobre as 17,45 horas deste domingo que se produciu un accidente con tres vehículos implicados no punto quilométrico 622 da N-120, ao seu paso pola parroquia de Petán da Cañiza.

Deste xeito, os xestores do 112 Galicia trasladaron o ocorrido aos servizos sanitarios de urxencia, o GES-SPEIS de Ponteareas e o servizo de mantemento da vía. Finalmente, unha persoa foi evacuada polos servizos de emerxencia.

VEHÍCULO ENVORCADO

Por outra banda, na tarde deste domingo producíronse outro accidente no que non foi precisa a intervención dos servizos de rescate. En concreto, un vehículo envorcou e unha persoa resultou ferida na estrada que Pazos de Borbén e Ponteareas . Tras ser alertado do ocorrido o centro integrado de atención ás emerxencias (CIAE 112 Galicia), activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...