InicioSucesosMorre un home ao sufrir un corte cunha motoserra en Cangas

Morre un home ao sufrir un corte cunha motoserra en Cangas

PUBLICADO O

Un home faleceu ao sufrir un corte coa motoserra que manexaba nuns terreos da súa propiedade na parroquia de Aldán, en Cangas.

Segundo informou este venres o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 12,00 horas, cando un familiar do home pediu asistencia médica urxente para o home.

Tras recibir o aviso, o 112 solicitou a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, a pesar dos esforzos, nada puido facer para salvarlle a vida.

Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou da situación aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, informouse os bombeiros do Morrazo e aos membros de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...