InicioSucesosUnha veciña de Ponteareas chama ao 112 para que a rescaten tras...

Unha veciña de Ponteareas chama ao 112 para que a rescaten tras caer a un pozo ao ceder a tapa

A muller no sufríu danos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha septuaxenaria veciña do lugar das Penas, no municipio pontevedrés de Ponteareas, chamou este luns ao 112 Galicia para pedir que a rescatasen tras caer ao interior dun pozo ao ceder a tapa.

Segundo relatou o 112, así o explicou a propia afectada na súa comunicación co servizo de emerxencias cando pasaban uns minutos do mediodía deste luns. A afectada confirmou o seu bo estado de saúde, pero a incapacidade de saír dunha escavación de case dous metros de profundidade onde caeu ao ceder a tapa, indicou o 112.

Así mesmo, apuntou que a auga acumulada no fondo cubría apenas ata os seus xeonllos, polo que podía respirar con normalidade, engadiron as mesmas fontes. Para sacala do pozo pediuse a intervención do GES-Bombeiros de Ponteareas, que tamén recibiron o apoio e colaboración de voluntarios de Protección Civil.

Do mesmo xeito, solicitouse a Urxencias Sanitaria de Galicia-061 o envío de medios co obxectivo de verificar o estado de saúde da muller e avisouse ás forzas de seguridade locais e da Garda Civil.

En concreto, o 061 enviou unha ambulancia e un equipo sanitario de Atención Primaria para atender á muller afectada, de 78 anos de idade, pero non foi necesario o seu traslado, confirmaron fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...