InicioSucesosO vindeiro luns retómase o xuízo a un acusado de agredir sexualmente...

O vindeiro luns retómase o xuízo a un acusado de agredir sexualmente a unha muller de 75 anos en Bueu

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acolle este xoves a continuación do xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente da súa cuñada, menor de idade, aproveitando que a nena acudía ao domicilio familiar a coidar do fillo da parella.

PUBLICADO O

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará este luns, coa lectura dos informes das partes, o xuízo contra un veciño de Marín acusado de agresión sexual, lesións e roubo a unha muller de 75 anos en Bueu.

No transcurso deste xuízo, o acusado reivindicou a súa inocencia e asegurou que na noite dos feitos atopábase na súa casa, o que corroborou a súa esposa durante a súa declaración nunha das sesións do xuízo.

Así, o home dixo non saber por que apareceron restos biolóxicos seus na vivenda da vítima. Tampouco puido explicar por que un repetidor situou o seu teléfono móbil a menos de dous quilómetros da vivenda da anciá á hora na que se produciu o asalto.

O acusado admitiu que coñecía á vítima e o seu domicilio por traballar como albanel para facer obras nesa vivenda en varias ocasións, pero indicou que antes da súa detención, o 7 de novembro de 2017, “pasaran catro ou cinco anos desde que estivese na súa casa”.

A Fiscalía, que considera que concorren as circunstancias agravantes de aleivosía e disfrace, pide para o home un total de 21 anos de prisión: 15 anos polo delito de agresión sexual con penetración; 2 anos por un delito de lesións; e 4 anos por un delito de roubo con forza.

Ademais, reclama que o home, que se atopa en prisión provisional por estes feitos, indemnice á vítima con 2.460 euros polas lesións e con 6.000 euros polas secuelas psicofísicas; así como que lle abone os 1.250 euros sutraídos e 90 euros pola reparación dos cristais das portas.

ESCRITO DA FISCALÍA

De acordo co escrito do Ministerio Público, os feitos ocorreron na madrugada do 3 ao 4 de marzo de 2017, cando o home supostamente fracturou os cristais e barrotes da porta da vivenda na que a muller residía soa e accedeu ao cuarto no que esta se atopaba.

O home, que ía tapado cun pasamontañas, sorprendeu á muller na cama, sacoulle pola forza o pixama dándolle “golpes”. A continuación, pegoulle cinta illante na boca e na cabeza e atoulle as mans e as pernas.

Acto seguido, “con intención de satisfacer os seus impulsos sexuais”, penetrouna. Tras iso, verteulle viño dunha botella e, cun anaco de saba, tentou limpar os seus restos biolóxicos do corpo da vítima.

Posteriormente, o home subtraeu do bolso da muller 1.250 euros e, para evitar que esta puidese pedir auxilio inmediato, tirou o seu móbil ao contedor de lixo da cociña.

Como consecuencia de todo o ocorrido, a muller sufriu diversas lesións e un grave estado de nerviosismo, medo e mal descanso. En total, requiriu 60 días para a súa curación, aínda que como resultado dos feitos mantén secuelas psicofísicas consistentes nun transtorno neurótico.

ABUSOS A MENOR

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acolle este xoves a continuación do xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente da súa cuñada, menor de idade, aproveitando que a nena acudía ao domicilio familiar a coidar do fillo da parella.

A vista iniciouse en febreiro, pero quedou aprazada ata principios de marzo porque unha testemuña non fora citado correctamente, e retomarase o xoves no tribunal provincial.

A Fiscalía sinala, no seu escrito de acusación, que a menor comezou a acudir a casa da súa irmá para coidar ao seu sobriño no verán de 2016. Nunha ocasión, aproveitando que estaba a soas con ela, o marido da súa irmá meteuse na cama coa nena e someteuna a tocamentos por baixo da roupa interior; días máis tarde repetiu os abusos, chegando a penetrar á nena, sen usar protección algunha.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...