InicioSucesosComeza a retirada do amianto na "zona cero" de Tui tras recoller...

Comeza a retirada do amianto na “zona cero” de Tui tras recoller 24 toneladas nos arredores

PUBLICADO O

Os traballos de retirada do amianto e de restos de cubertas destruídas pola explosión de material pirotécnico ocorrida o pasado 23 de maio en Tui arrincaron este martes 3 de xullo na zona cero, na parroquia de Paramos, aínda que dende hai 12 días están a realizarse estes traballos nos arredores e até o momento xa se recolleron un total de 24 toneladas de amianto.

Segundo informou o goberno tudense, a empresa contratada polo concello para efectuar estas tarefas iniciou o pasado venres, día 22, a retirada de amianto da zona afectada, empezando pola zona máis afastada; e este martes empezou a actuar na zona cero, despois de que a xuíza dese a autorización.

Explosión de Tui / Miguel Núñez

En total, recolléronse 24 toneladas de amianto até o momento, que xa están ensacados e encapsulados. Ademais de retirar uralita e outros materiais contaminantes, tamén se están descargando os entullos de cubertas derruídas sobre forxados, e estanse demolendo as estruturas con risco de desplome.

Os labores de rebo están entre as principais peticións dos afectados pola explosión. En concreto, piden que se faga “un rebo total”, de forma que se entre nas propiedades privadas“; así como que o custo destas tarefas sexa asumido polas administracións.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...