InicioSucesosDetido en Vigo un home que tiña unha orde pendente de arresto...

Detido en Vigo un home que tiña unha orde pendente de arresto e ingreso en prisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 30 anos de idade, J.G.L., natural de Vilagarcía de Arousa, sobre o que pesaba unha orde de arresto e ingreso en prisión emitida por un xulgado.

Segundo informaron fontes policiais, a detención tivo lugar na madrugada do sábado ao domingo, cando este home foi interceptado durante un control para supervisar o cumprimento do toque de queda, na rúa Coruña.

Os axentes observaron un vehículo que circulaba pola zona e déronlle o alto. Ao identificar o condutor, comprobaron que lle constaba unha orde de detención e ingreso en prisión, emitida polo Xulgado do Penal 1 de Vigo.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da apertura de dilixencias de denuncia contra un veciño da cidade, A.G.F., de 54 anos de idade, que foi interceptado nun control de tráfico na Avenida de Buenos Aires.

Os axentes que o identificaron comprobaron que o coche non tiña seguro, e que a ITV estaba caducada; así mesmo, constataron que o condutor nunca obtivera ningún tipo de permiso ou carné de conducir. Por todo iso, o home foi denunciado e o vehículo foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...