InicioSucesosFeridas dúas persoas tras envorcar un vehículo á saída do túnel de...

Feridas dúas persoas tras envorcar un vehículo á saída do túnel de Bouzas, en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo rescataron a dúas persoas feridas ao quedar atrapadas no interior dun turismo que se saíu da vía e envorcou na mañá deste luns en Vigo. Segundo informou o 112 Galicia, este accidente sucedeu sobre as 8,00 horas deste luns. Foi un particular quen avisou da situación e indicou que un coche que circulaba polo túnel de Bouzas, case ao final, pola VG-20, saíuse da vía e envorcou.

Segundo o seu relato, os ocupantes podían estar no interior do vehículo. Por iso, o 112 Galicia informou ao Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros da cidade.

Do mesmo xeito, puxéronse os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local e do persoal do servizo de mantemento da vía. Tras finalizar a súa intervención, os bombeiros confirmaron que, tras liberar ás dúas persoas, foron trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia.

ACCIDENTE EN NIGRÁN

Pola súa banda, sobre as 12,30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia doutro accidente no concello pontevedrés de Nigrán. Neste caso, tamén unha persoa particular foi a que chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda. O alertante asegurou que no punto quilométrico 10,8 da AG-57, á altura de Parada, había cun coche accidentado cos airbags fóra.

Unha vez no punto, os membros do GES comprobaron que o condutor estaba atrapado polos airbags do vehículo, pero non foi necesario o uso do material de excarceración.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...