InicioVigo e contornaMosFerido un traballador cando manexaba unha máquina industrial en Mos

Ferido un traballador cando manexaba unha máquina industrial en Mos

Ocorreu no Polígono da Veigadaña.

PUBLICADO O

Un operario necesitou asistencia sanitaria na mañá deste venres despois de sufrir un accidente cando manexaba unha máquina industrial no concello de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 7,15 horas deste venres Foi unha persoa particular quen contactou para solicitar axuda para un operario que resultara ferido mentres manexaba unha máquina na rúa Anel da Lagoa, no Polígono da Veigadaña.

Tras máis ter constancia do sucedido, o 112 pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos pero, finalmente, a persoa foi evacuada por particulares a un centro hospitalario. A Garda Civil tamén foi informada.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...