InicioSucesosDetido en Vigo por golpear e tirar dos pelos á súa parella...

Detido en Vigo por golpear e tirar dos pelos á súa parella na rúa

O home indicou, ademais, que foi detido noutra ocasión polos mesmos motivos, aínda que a muller retirara a denuncia.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia de xénero a un vigués de 37 anos que supostamente golpeou e tirou dos pelos á súa parella en plena rúa.

Segundo informou a Policía Local de Vigo, os feitos ocorreron sobre as 12,30 horas deste mércores, cando un particular informou de que vira como un individuo sacaba pola forza a unha moza dun turismo para despois golpeala e tirarlle dos pelos.

Unha patrulla desprazouse ata o lugar, na avenida Florida, onde localizaron á vítima, unha muller de 23 anos de idade. A moza recoñeceu discutir coa súa parella, pero restoulle importancia e negou ser agredida.

A continuación, os axentes falaron co agresor, quen admitiu que mantivo unha discusión coa súa parella pero tamén negou a agresión. O home indicou, ademais, que foi detido noutra ocasión polos mesmos motivos, aínda que a muller retirara a denuncia.

Ante todas estas circunstancias, os axentes procederon á detención do home, de iniciais I.G.D., pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...