InicioSucesosDeteñen en Moaña ao presunto autor dun roubo de varios paxaros valorados...

Deteñen en Moaña ao presunto autor dun roubo de varios paxaros valorados en máis de 3.500 euros

As pescudas permitiron comprobar que o ladrón accedera ao domicilio do dono dos paxaros tras forzar un portal de acceso á vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil do posto de Moaña detiveron a un veciño desta localidade, de 38 anos de idade, como presunto autor do roubo dunha ducia de jilgueros e canarios nun domicilio, valorados en máis de 3.500 euros.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, as investigacións iniciáronse tras a denuncia dun veciño, que informou de que lle subtraeron cinco parellas de xilgueiros ‘maior’ valorados en 3.580 euros, e unha parella de canarios ‘de factor vermello’, valorados nuns 60 euros.

As pescudas permitiron comprobar que o ladrón accedera ao domicilio do dono dos paxaros tras forzar un portal de acceso á vivenda. Ademais, un anuncio de venda dun dos animais nun portal de internet puxo aos investigadores sobre a pista do suposto autor do roubo.

A Garda Civil identificou o sospeitoso, un veciño de Moaña de 38 anos de idade e con antecedentes policiais, que foi detido. Aínda que o home negouse a declarar, devolveu os paxaros ao seu dono, excepto un dos animais, que falecera.

O detido quedou en liberdade en sede policial, unha vez instruídas as dilixencias, que xa foron entregadas no xulgado de instrución de garda de Cangas. O investigado deberá comparecer no devandito xulgado cando sexa citado.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...