InicioSucesosDetido un mozo das Neves polo furto dunha tarxeta bancaria que logo...

Detido un mozo das Neves polo furto dunha tarxeta bancaria que logo utilizou en caixeiros

O denunciante manifestou que lle subtraeron a tarxeta e a súa clave PIN do interior do domicilio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo o domingo a un mozo de 32 anos, veciño das Neves (Pontevedra), como presunto autor de dous delitos, un de furto de tarxeta bancaria e outro de estafa por utilizala en caixeiros para subtraer un total de 5.350 euros.

Segundo informa a Garda Civil, as investigacións foron desenvolvidas polo Posto de Salvaterra de Miño tras a denuncia presentada por un veciño das Neves, quen manifestou que lle subtraeron a tarxeta e a súa clave PIN do interior do domicilio, sen forzar nin xanelas nin portas.

Tras isto, as pescudas levadas a cabo polos axentes desvelaron que o dispositivo fora utilizado en distintos caixeiros de entidades bancarias non só nas Neves, senón tamén en Ponteareas, en Arbo e mesmo en Ourense.

Así, o domingo 10 de xaneiro procedeuse á detención desta persoa, un home de 32 anos de idade, que extraeu unha cantidade total de 5.350 euros.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Garda de Ponteareas, quen ordenou a súa posta en liberdade con cargos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...